Thursday 02 de May de 2024

O concello de Miño envía de axuda humanitaria a Ucraína


O Concello de Miño enviou onte pola tarde máis dun cento de caixas con roupa e produtos hixiénicos con destino a Ucraína para axudar ás persoas refuxiadas.

En total, van 110 caixas de roupa, dous de cueiros e 18 de material médico.

O goberno local quere agradecer a colaboración da veciñanza, que deu mostra da súa solidariedade. A vindeira semana volveranse a enviar bens de axuda humanitaria.

A Asociación de Amas de Casa de Miño pagou o aluguer do remolque.